Pontón apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

10 Outubro 2025

A portavoz nacional, Ana Pontón, transmitiu ás familias do CEIP O Grupo de Ribeira o apoio ás súas reivindicacións, adiantándolles que o grupo nacionalista defenderá no Parlamento unha iniciativa para que, avanzou, “Educación cumpra a normativa sobre o cadro docente” e “cubra de maneira inmediata a praza de titoría que deixou vacante neste centro de Infantil e Primaria”.

Pontón escoitou as peticións das familias nunha reunión coa ANPA  á que asistiron tamén o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e a deputada da comarca,  Rosana Pérez, que se encargará de defender a iniciativa do BNG na que, acorde coas demandas das nais e pais, serán reclamadas tamén melloras no centro e, máis polo miúdo, a execución da reforma integral do edificio da vella comisaría de Policía, o arranxo da cuberta do edificio anexo de Educación Infantil e o pintado exterior do edificio principal. 

Respecto ao cadro de persoal, o BNG considerou “urxente” que se dote de titor ou titora para o curso de 3º B, que conta con 23 alumnos e alumnas, algúns deles con necesidades específicas de atención educativa (NEAE). “Aínda que este é o alumando máis afectado pola falta de titor, a vacante afecta ao conxunto da matrícula deste centro, no que estudan máis de 400 nenos e nenas, dos que aproximadamente o 25 % está diagnosticado con NEAE”, lembraron os nacionalistas.  

Tal e como se recolle na iniciativa do Bloque,  “na vez de cubrir esta praza, a Consellería de Educación propuxo á dirección do centro que 3º B fose co-titorizado por outro dos mestres do colexio  e que as materias lle fosen impartidas polo resto do profesorado”. Dende o grupo salientan que “ademais de polas familias, esta solución foi rexeitada pola dirección, que chegou a presentar a súa dimisión, pois restaría horas de proxectos, gardas, especialidades e outras tarefas ao resto do cadro docente, prexudicando o resto de cursos”. 

O BNG dixo ademais que “a Consellería non está a cumprir a legalidade, posto que a normativa establece que cada grupo de alumnos e alumnas contará cunha persoa titora que se responsabilizará da atención e do seguimento personalizado do alumnado do grupo, así como da orientación da aprendizaxe e do apoio no seu proceso educativo”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.