Bea Campos estará este venres en Boiro cos seus “Contos con xeito”

10 Outubro 2025

Este venres 10 de outubro ás 20.00 horas a Biblioteca Municipal de Boiro (Centro Social de Boiro) vai dar acollida á sesión de narracións Contos con xeito, unha actividade da contadora e escritora Bea Campos encadrada no programa Ler Conta Moito.

Narradora, actriz, escritora e directora teatral, Bea Campos leva vinte anos contando contos. Licenciada en interpretación textual forma parte das compañías Migallas Teatro e Inventi Teatro. É formadora no eido da expresión dramática, da narración oral e da literatura infantil. Tamén colaborou nun gran número de proxectos audiovisuais e durante cinco anos foi presentadora na canle de difusión de literatura infantil Kalandraka TV achegando o mundo do libro a nenos e maiores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.