Venres 10, sol e temperaturas en lixeiro aumento

09 Outubro 2025

Este venres 10, San Paulino, estaremos baixo os efectos dun anticiclón o que traerá consigo unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e unhas condicións meteorolóxicas moi favorables en xeral.

Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que poderán aparecer bancos de néboa matinais no interior, así como a entrada de nubes baixas polo extremo norte co avance do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, tanto nas mínimas como nas máximas, contribuíndo a unha sensación térmica agradable.(24 a 27 graos).

En canto ao vento, soprará do nordés, con intensidade frouxa con intervalos de moderado, aínda que poderá alcanzar rachas fortes entre Estaca de Bares e a Costa da Morte, especialmente nas horas centrais da xornada.

FIN DE SEMANA SOLEADO CON TEMPERATURAS ALTAS.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.