Tania Redondo renuncia formalmente a formar parte do PBBI e expón os motivos que a levaron a non apoiar a moción de censura

09 Outubro 2025

Seguirá na Corporación de Ribeira como non adscrita.

A concelleira Tania Redondo (PBBI) compareceu este xoves 9 de outubro para compartir a súa experiencia persoal relativa á moción de censura impulsada en Ribeira polos responsábeis da súa agrupación, até o de agora no goberno, para desbancar, a través dun pacto co Partido Popular, o tripartito do Executivo local formado polo BNG, o PBBI e o PSOE. Explicou que dez días despois de presentar o seu grupo a moción, “chegou o momento de contarvos a miña verdade sobre o acontecido”.

Segundo fixo saber, “despois de saír elixida democraticamente nas pasadas eleccións municipais, ofrecéuseme a posibilidade desta coalición, na cal acreditei pensando que realmente chegaba o momento do cambio, ese cambio que prometemos durante toda a nosa campaña electoral e que aseguramos non sería freado por ningún pacto co goberno do PP que estaba en aquel momento no poder”.

E engadiu: “Cando me incorporei a este traballo pensei que viña a colaborar por unha causa xusta: dedicarme a facer de Ribeira un sitio mellor para todos. Sen embargo, ao chegar ao goberno, atopamos moitos problemas, o principal unhas contas desastrosas e practicamente baleiras que incluso rozaban a ilegalidade e impedíannos traballar como nos gustaría. A pesar de todo isto seguimos loitando polo ben de Ribeira e durante este tempo de goberno e de traballo penso que quedou claro que eu non son de fotos, son de despacho, de traballar para conseguir melloras para a xente, aínda que ao meu pesar non sempre foi posible”.

Facendo autocrítica a concelleira recoñeceu na súa comparecencia que no tripartito “non sempre o fixemos ben, somos de ideoloxías totalmente diferentes, pero apuntando todos cara a un mesmo obxectivo”. Engadiu que “non hai que negar que houbo momentos difíciles, tensións internas e discrepancias, como en calquera equipo de traballo, pero que, dialogando intentamos solucionar e traballar xuntos polo ben do noso concello”. Por desgraza, dixo, “isto non puido ser así, xa que a día de hoxe este tripartito rompeu, o pasado 29 de setembro presentouse unha moción de censura que é froito de meses de negociacións e reunións ás miñas costas, onde se xogaba o futuro de Ribeira sen transparencia nin lealdade por parte de tres compañeiros do meu partido”.

Relatou na súa cita cos medios de comunicación que tralo devandito chegou “o que chamo o efecto sorpresa”, con algunhas persoas colocándose medallas de heroes, “eses mesmos que foron os que no puxeron as pedras no camiño preséntanse hoxe como salvadores dos problemas que eles mesmos crearon”.

O pacto asinado agora, sinalou, “é unha alianza cunha persoa que me faltou ao respecto publicamente con insultos cara a miña persoa, con outra persoa de dito partido que me acusou poñendo en dúbida a miña saúde nun momento moi duro a nivel persoal do que considero que non teño que dar explicacións, pois en canto estiven recuperada, volvín ao meu traballo ao día seguinte”.

Foi, sinalou, “un pacto con xente que fai da política unha loita persoal, facéndome sufrir non só a min, senón a toda a xente que me rodea, xulgando o traballo da miña familia e poñéndoo en dúbida constantemente con ataques directos. Considero que esta non é a maneira de traballar, por iso non podo aceptar compartir goberno con estas persoas, por principios, e por respecto á miña familia e sobre todo por respecto a min mesma. Nunca entrei no seu xogo de ataques persoais e non penso facelo agora. Nunca traballei así e non o farei no futuro.

Finalizou deste xeito: “Por ese motivo, hoxe, diante de todos vós, sigo mantendo a miña palabra e aquí presento a miña renuncia como concelleira do partido PBBI e pasando ao grupo non adscrito”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.