Os nenos poderán saír unha hora, cun adulto, e pódense levar pelotas e xoguetes

23 Abril 2020

Unha hora ao día, un máximo de tres nenos por adulto e como moito a un quilómetro de casa son as normas que rexirán para que os nenos poidan sair á rúa que desgranados de seguido:

– Poderase pasear unha hora ao día, a un quilómetro de casa e acompañado dun adulto.

-O horario é de 9 da mañá a 9 da noite evitando as horas punta do día.

-Pódense levar xoguetes como patinetes e pelotas (pero non compartir xoguetes con outros nenos) pero os parques estarán pechados.

-Un adulto pode ir acompañado de ata tres nenos.

-Os pequenos que vivan en zonas rurais poderán saír ao campo ou ao bosque respectando as normas de seguridade.

– Non se pode saír se se ten febre ou síntomas de ter COVID19.

-Pódese saír con carriños de bebé e sillitas de paseo.

-O uso dos xardíns das urbanizacións dependerá das comunidades de veciños.

Ministro de Sanidade e Vicepresidente do Goberno na comparecencia da Moncloa

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.