O Imserso abreu este mércores o prazo de reservas para máis de 250.000 maiores galegos

08 Outubro 2025

Este mércores comezou o prazo para reservar praza nos viaxes do Imserso, o popular programa de turismo social para maiores, que este ano ofrece case 65.000 prazas en Galicia, dun total de 879.213 dispoñibles en toda España. Máis de 250.000 galegos acreditados poderán optar a estas prazas ata o venres, cunha demanda que segue centrada en destinos clásicos como Benidorm ou as Canarias.

Desde o pasado 11 de setembro, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) enviou as cartas de acreditación ás persoas beneficiarias. Estes documentos inclúen unha clave que permite facer a reserva telematicamente, acompañando o DNI, ou ben de forma presencial nas axencias de viaxes colaboradoras, onde só é preciso presentar o documento de identidade.

Este mércores, día marcado para as primeiras reservas, foi tamén unha xornada intensa de traballo nas axencias de viaxes. Verónica Armesto, traballadora dunha axencia en Santiago de Compostela, explica que organizaron todo “nos días previos para rendibilizar ao máximo o tempo e conseguir o maior número de prazas posible”.

“As nove en punto comezamos, e ás 09:30 xa tiñamos feitas todas as reservas das persoas acreditadas para hoxe”, comenta Armesto. Segundo indica, a prioridade foi para as persoas con solicitudes preferentes, que contan con vantaxes polas súas condicións persoais.

Con todo, o groso do traballo está previsto para o xoves, cando a maior parte das persoas acreditadas poden comezar a facer as súas reservas. “Temos moito traballo concentrado pola mañá e, despois, temos que xestionar a documentación e o pago de moitísima xente que estará vindo á axencia”, sinala.

Novidades na tempada 2025–2026

O Imserso subliña que esta nova edición busca favorecer o envellecemento activo e garantir que persoas con rendas baixas poidan acceder aos viaxes. Unha das principais novidades é a dispoñibilidade de 7.447 prazas cun prezo reducido de 50 euros, reservadas para persoas cuxa renda sexa igual ou inferior á das pensións non contributivas da Seguridade Social.

Outra novidade destacada é a posibilidade de viaxar con animais de compañía nos programas de costa peninsular e insular, sempre cumprindo coa normativa vixente. Esta medida busca favorecer a inclusión de maiores con mascotas sen renunciar aos coidados necesarios durante as viaxes.

As prazas distribúense da seguinte maneira:

  • 440.284 para turismo de costa peninsular
  • 228.142 para turismo de costa insular
  • 210.787 para escapadas culturais, de natureza e cidades

Impacto económico e social

O programa do Imserso non só ten un impacto directo sobre a calidade de vida dos maiores, senón que tamén supón un impulso económico para o sector turístico, especialmente en tempada baixa. A Xunta salienta que estas viaxes contribúen a manter o emprego e reducir a estacionalidade, ao tempo que fomentan a solidariedade interxeracional e interterritorial, grazas aos desprazamentos entre comunidades.

En 2024, os maiores galegos viaxaron en masa a través deste programa, e os datos mostran unha tendencia que se consolida nesta nova tempada.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...