UCIN Boiro denuncia vertidos de augas fecais baixo a ponte de Escarabote e esixe responsabilidades ao goberno local

08 Outubro 2025

A agrupación local de UCIN Boiro denunciou publicamente a existencia de verteduras de augas fecais baixo a ponte de Escarabote, unha situación que cualifican de “grave” e que, aseguran, leva tempo afectando tanto a veciñanza como ás persoas que transitan habitualmente pola zona.

Segundo UCIN, o problema intensificouse nas últimas horas, alcanzando niveis “insostibles” pola cantidade de augas residuais que se están vertiendo directamente á contorna e o forte cheiro que isto provoca. A formación denuncia a inacción do goberno municipal e esixe responsabilidades tanto ao alcalde de Boiro como á concelleira de Medio Ambiente, a quen acusa de “permanecer impasibles” #ante unha problemática que cualifican de “persistente, visible e pestilente”.

Desde UCIN Boiro alertan das consecuencias ambientais, sanitarias e económicas que estas verteduras poden ter para a ría de Arousa, a actividade marisqueira e a imaxe do municipio. “Non se pode seguir permitindo que un dos principais recursos naturais e económicos do noso municipio siga sendo vítima do deixamento e o pasotismo institucional”, afirman.

A formación política esixe ao Concello de Boiro e a Augas de Galicia unha actuación inmediata para identificar a orixe das verteduras, detelos de forma definitiva e depurar as responsabilidades políticas e técnicas correspondentes. Así mesmo, recalcan a necesidade dun compromiso real coa sustentabilidade e a protección da contorna natural.

UCIN Boiro conclúe asegurando que continuará vixiante #ante este tipo de situacións e reafirma o seu compromiso coa defensa do medio ambiente, a calidade de vida dos veciños e a esixencia dunha xestión pública “responsable, transparente e eficaz”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.