Inicianse obras na Rúa do canal e no camiño da Ameixida- Os Paramos en Castiñeiras (Ribeira)

23 Abril 2020

Esta semana iniciaronse as obras de reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras. A súa execución comportará un investimento de 36.320 euros, financiados polo POS da Deputación. O seu prazo de execución son dous meses.
Ambos viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limpeza das súas marxes.

Cómpre lembrar que a pasada semana despois da autorización estatal para a reanudación de actividades non esenciais se retomaron en Ribeira obras públicas municipais por valor de 1,1 millóns de euros, coa previsión de sumar posteriormente novas intervencións por 460.000, entre as que se inclúen a arriba mencionada actuación de pavimentación en Castiñeiras. A obra está sendo executada pola empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa, S.L.

Obras no camiño Amixeida e Os Paramos en Castiñeiras (Ribeira). cedida
Obras no camiño Amixeida e Os Paramos en Castiñeiras (Ribeira). Cedida


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.