Prosegue a axenda teatral Outes á Escena con novos espectáculos en outubro e en novembro

07 Outubro 2025

A axenda teatral Outes á Escena achega dezasete espectáculos para todos públicos dende setembro até o mes de febreiro, da man da Área de Cultura do Concello.

En concreto, o programa inclúe espectáculos de artes escénicas durante as fins de semana dos meses de setembro, outubro, novembro, decembro, xaneiro e febreiro. Representaranse no auditorio da Casa da Cultural. Serán en total dezasete espectáculos teatrais para todos os públicos.

Este sábado 11 de outubro, sen ir máis lonxe, a axenda trae a Outes a peza Tavole, de Zirko Txosko, ás 19 horas (público infantil e familiar)

En outubro, a axenda prosegue e con Zozobra (o 19 de outubro ás 20.00 horas, a cargo de Roca Producións) e con As Gardiás, de Teatro de Ningures, a partir das 20.00 horas. En novembro retómase a actividade con Kyoki de Elefante Elegante, o día 1 ás 19.00 horas.

A axenda prosegue con As fillas bravas de Momán, de Chévere, o 8 de novembro ás 20h; con As que limpan, de A Panadaría, o 15 de novembro ás 20h; con Retrincos de Castelao, de Artefeito Producións, o 22 de novembro ás 20h; e con Profetas, de Ítaca Teatro, o 29, ás 20h.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...