Este mércores comezan as II Xornadas da Historia de Muros

07 Outubro 2025

Desde este mércores, 8 de outubro, e ata o sábado 11 celébranse na antiga Fábrica de Sel as II Xornadas da Historia de Muro. Farano baixo o epígrafe Vivencias da Veciñanza e estarán organizadas pola Área de Cultura do Concello de Muros.

As sesións inaugúranse o mércores coa intervención de Margarita Novo, o relatorio Unha ollada dende o mar. Os bares como principais lugares de ocio dos mariñeiros de Muros, e a apertura da exposición de fotografía Veciños de Muros nos anos 50. Visión de D. A. Selgas, comisariada por Madó Santos.

O día seguinte o programa inclúe un relatorio de Santiago Llovo sobre a industria da salgadura en Muros (ás 20.00 horas) e o venres será a quenda de María Mayo que falará sobre a historia do Santuario da Virxe do Camiño, tamén ás 20.00 horas.

O sábado 11 conclúen as xornadas cunha sesión a cargo Agrupación Folclórica Ximiela, que porá o foco na indumentaria tradicional da contorna de Muros, a partir das 20.00 horas.

“Trátase dunha oportunidade de lembrar e ter moi presente o noso pasado como vila da man dos seus principais protagonistas, os veciños e veciñas de Muros”, asegurou Caridad González, concelleira de Cultura.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.