A ex vicepresidenta do Goberno Carmen Calvo presenta este martes en Padrón “Nosotras: el feminismo en la democracia”

06 Outubro 2025

O Concello de Padrón, xunto cos concellos de Rois e Dodro a través do CIM Terras de Iria, organiza este martes 7 de outubro a presentación do libro Nosotras: el feminismo en la democracia, da presidenta do Consello de Estado e exvicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo.

A súa presenza en Padrón desenvolverase no marco dunha visita institucional que incluirá:

16:30 h.- Recepción no Concello de Padrón.

16:35 h.- Sinatura no de honra.

17:00 h.- Presentación do libro no Auditorio Municipal do Concello de Padrón.

Publicado por Planeta, Nosotras propón unha crónica feminista do século XXI en clave política e social. A autora analiza os avances do feminismo en España dende a chegada da democracia e identifica os retos que seguen pendentes para garantir unha igualdade real. Considerada unha das voces feministas máis recoñecidas do país, Calvo defende a necesidade de reforzar a loita pola igualdade nun momento no que, ao seu xuízo, existe confusión arredor do propio concepto de feminismo.

A obra combina a reflexión histórica co compromiso persoal da súa autora, quen achega tamén propostas de acción concretas para combater as discriminacións de xénero. Ademais, bebe da súa experiencia vital e política, coa intención de recoñecerse en outras mulleres e de ofrecer unha mirada compartida sobre dereitos, demandas e esperanzas.

Con este acto, o Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero e coa promoción de espazos de encontro e debate arredor das políticas feministas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.