Protección Civil de Ribeira estrea nova motocicleta

06 Outubro 2025

A Agrupación de Protección Civil de Ribeira (GAEM) vén de incorporar unha nova motocicleta tipo scooter aos seus medios materiais, un vehículo achegado pola Deputación que permitirá reforzar a capacidade de resposta do voluntariado en situacións de emerxencia e en dispositivos preventivos.

Dende a Deputación da Coruña subliñouse o compromiso da institución provincial co fortalecemento das agrupacións de Protección Civil, dotándoas de medios e formación para mellorar a súa resposta ante emerxencias.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, agradeceu á institución provincial “a súa colaboración continua co Concello de Ribeira e o apoio que supón a cesión desta nova motocicleta para Protección Civil”. O rexedor destacou “o enorme traballo que realizan cada día as persoas voluntarias de Protección Civil nos eventos que se celebran no municipio e os membros do Grupo de Atención e Emerxencias Municipais (GAEM), que son unha peza fundamental para garantir a seguridade e o benestar da cidadanía”.

Pérez Barral salientou ademais que, “nestes dous anos, ampliamos en dous membros o cadro de persoal e os medios destinados á seguridade foi unha prioridade para o goberno local, porque entendemos que unha cidade máis segura e contar cun equipo de persoas que é capaz de facerlle fronte a calquera eventualidade”.

Esta acción enmárcase na aposta da Deputación da Coruña pola dotación de recursos materiais e formativos para o voluntariado de Protección Civil. Ao longo de 2025, a institución provincial destinou preto de 200.000 euros a investimentos e actividades das agrupacións da provincia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.