A ABE pecha a campaña Volta ao Cole cun éxito rotundo de participación

06 Outubro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pechou a nova edición da campaña Volta ao Cole e fíxoo, segundo lembra no seu balance a patronal, “cun éxito rotundo de participación”.

Imaxe de arquivo coa presentación da campaña no local da ABE

Segundo fai saber a entidade empresarial no seu reconto de logros, durante os 26 días de duración da iniciativa rexistráronse 3.420 tíckets de compra nos negocios asociados, unha cifra que roza o récord histórico de 3.464 tíckets acadado o pasado mes de agosto, converténdose así na segunda mellor marca dende que se puxo en marcha o programa de fidelización da ABE.

O sorteo final, celebrado o luns 6 de outubro, tivo como gañadora a Enma Ouviña Castro, quen realizou a súa compra en Congelados Digna e recibirá como premio un ordenador portátil HP.

Ademais do seu carácter promocional, a campaña tivo tamén un forte compoñente solidario: por cada tícket rexistrado, a ABE destinou 0,10 € á Cruz Vermella de Boiro. A entidade completará o importe ata acadar unha doazón total de 400 €, que se entregará nas próximas datas en bonos ABE, a moeda local da asociación. Estes bonos permitirán á Cruz Vermella adquirir material escolar nos comercios asociados, que logo será distribuído entre familias de Boiro en situación de vulnerabilidade.

O presidente da ABE, Daniel García, destacou que “esta campaña é un exemplo perfecto de como o consumo local pode xerar un impacto positivo máis alá do económico. Cada compra conta, e cada tícket suma para facer de Boiro un lugar máis solidario e con máis oportunidades para todos”.

Engadiu tamén que “o apoio e a resposta da veciñanza demostran que o comercio local segue sendo un motor de dinamización social e un punto de encontro da nosa comunidade”.

A ABE quere agradecer a implicación dos negocios participantes e de todos os clientes que rexistraron os seus tíckets, “facendo posíbel que esta edición da campaña Volta ao Cole fose finalmente un novo éxito compartido entre comercio e solidariedade”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...