Domingo 5, ceos despexados e temperaturas suaves

04 Outubro 2025

Galicia manterase baixo a influencia das altas presións con ceos despexados e temperaturas suaves

Galicia quedará novamente baixo a influencia das altas presións durante esta xornada do domingo 5, San Froilán,, o que favorecerá un tempo estable e principalmente despexado. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que poderán rexistrarse intervalos de nubes baixas a primeiras horas na metade leste e nubes de estancamento na Mariña lucense, onde non se descarta algunha chuvia feble ao comezo do día.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas subirán de forma moderada, deixando unha xornada agradable e soleada na maior parte do país ( 21 a 25 graos).

O vento soprará do nordés, moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña durante a tarde.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.