“O Porto Exterior da Coruña, primeira dársena galega en volume de toneladas de mercadorías mobilizadas”. Antón Luaces

01 Outubro 2025

Cementos Tudela Veguín obtén unha concesión no Porto Exterior da Coruña e completa o traslado das empresas operadoras de graneis. A cementeira investirá preto de 8 millóns de euros na súa nova terminal en Punta Langosteira. A instalación de almacenamento e expedición de cemento contará cun sistema avanzado de protección ambiental.  

 Todas as empresas operadoras de grandes líquidos e sólidos estás en proceso de traslado ao Porto Exterior, co que se van cumprindo as previsións da Autoridade Portuaria coruñesa, previsións sobre as que moi poucos confiabamos.

O Consello de Administración da Autirodade Portuaria  aprobou o venres pasado o outorgamento da concesión á empresa cementeira, por un  prazo de 35 anos. A compañía investirá preto de 8 millóns de euros na construción da nóva planta, nunha superficie de 3.100 metros cadrados. 

A futura terminal contará con cinco silos metálicos que terán unha capacidade de almacenamento de 18.000 toneladas e permitirán almacenar a expedir  cemento a granel cara a camións mediante un sjstema automatizado que inclúe filtros, compresores, básculas industriáis e equipos de control e seguranza.

O proxecto contempla asimesmo a construcción dun edificio de servizos múltiples e toda a infraestrutura necesaria. A instalación recibirá cemento directamente  dos buques mercantes mediante bombeo pneumático a través de circuítos subterráneos, e contará cun sistema de protección ambiental que garante a ausencia de emisións de pó ao exterior e unha xestión eficiente de resíduos.

O Porto Exterior da Coruña está consolidado como a primeira dársena de Galicia en volume de toneladas de mercadorías cargadas e descargadas  nas súas instalacións. Xa superou os 37 millóns de toneladas dende a súa posta en servizo no ano 2012.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.