Luz verde da Xunta para a planta de JJ Chicolino de reparación e venda de redes de pesca usadas en Boiro

01 Outubro 2025

A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental ao proxecto para a implantación dun centro xestor de residuos para a valorización de redes de pesca usadas dunha empresa con instalacións en Boiro (A Coruña). O proxecto autorizado está supeditado ao cumprimento das condicións incluídas nos distintos documentos emitidos durante a tramitación ambiental.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores 1 de outubro a resolución do informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. No devandito estudo, resólvese que “non son previsíbeis efectos adversos significativos derivados do proxecto sempre que se cumpra cos condicionantes fixados tanto no documento ambiental como na restante documentación analizada e no programa de vixilancia ambienta”l.

Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de oito organismos interesados.

As avaliacións consideran que o proxecto “non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viábel a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación á protección da atmosfera e contaminación acústica, poboación e saúde; augas e leitos fluviais; xestión de residuos; integración paisaxística ou protección da fauna e da vexetación, entre outros”.

A empresa, relacionada coa compra de redes usadas para reparalas en poñelas novamente á venda ou reutilizalas para fabricar outros produtos, ten na actualidade edificacións localizadas en tres parcelas, cunha superficie de 28.204 m, localizada no lugar de Vilariño, na parroquia de Cespón, no municipio coruñés de Boiro. A actividade principal, que continuará nas instalacións xa existentes, será independente dun novo centro de valorización.

En concreto, o proxecto de planta de valorización de redes de pesca, promovida por JJ Chicolino SL, consiste nun centro xestor encargado do almacenamento e clasificación de residuos non perigosos (RNP) -principalmente redes fabricadas con material plástico- para o seu reemprego. De acordo ao documento ambiental, a actividade desenvolverase integramente no exterior e estímase unha capacidade normal de xestión de 2.000 t/ano, sendo a capacidade máxima estimada de xestión de 4.000 t/a.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.