Sanidade reduce a 96 o número de pacientes en UCI, co que o 65% das camas está libre de Covid-19

22 Abril 2020

Os casos positivos na comunidade aumentaron en 225 este mércores con respecto ao martes, pero as persoas en camas UCI reducíronse a 96, cinco menos que na xornada anterior. As persoas falecidas desde o inicio da pandemia son 475. Son datos achegados esta mañá polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na súa comparecencia no Parlamento galego para informar sobre a evolución da crise sanitaria. “Hoxe consideramos que entramos en fase de descenso da onda da pandemia”, subliñou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, indicou que Galicia conta con 270 camas de coidados intensivos, polo que o número de pacientes de Covid-19 que as ocupa, segundo as cifras de Sanidade, é de pouco máis do 35%. Doutra banda, en Galicia rexistráronse a estas alturas 1.625 altas hospitalarias. O titular de Sanidade situou, ademais, a taxa de letalidade sobre o total de contagios en Galicia no 4,13%, mentres que en España é “tres veces máis” e está no 10,4. Así, incidiu en que “é a menor de España” .

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.