CONGALSA acode a Conxemar cunha nova e ambiciosa campaña: “O sabor (co)manda”

30 Setembro 2025

A empresa da nosa comarca CONGALSA, compañía galega referente na elaboración de produtos do mar conxelados, participará un ano máis na feira internacional Conxemar e farao presentando a nova campaña CONGALSA, o sabor (co)manda, un concepto que sitúa o sabor no centro da súa proposta gastronómica.

Segundo avanza a empresa da Pobra do Caramiña, “este concepto conecta dous mundos, por unha banda o gastronómico, onde o sabor é a medida do éxito e a comanda é a orde que marca o ritmo e pon en marcha a todo o equipo, pola outra o corporativo, onde ese mesmo sabor convértese no compás que sinala o rumbo, o punto de partida para innovar e o sinal que activa cada proceso dentro de CONGALSA”.

“O sabor que impulsa o noso crecemento é o mesmo que nos lembra por que facemos o que facemos. En CONGALSA, o sabor non só importa senón que tamén (co)manda, marca o ritmo, o rumbo e o sentido da nosa compañía e dos nosos produtos”, subliña José Ramón Núñez, director comercial de Congalsa.

Neste marco, poderase visitar a súa caseta no IFEVI de Vigo os días 7, 8 e 9 de outubro, no Hall 3 – Caseta 3D02, onde mostrará aos visitantes a calidade e versatilidade da súa gama Ibercook Food Service.

Este ano, a campaña non xira ao redor de novos lanzamentos, senón que pon o foco en produtos seleccionados que representan a esencia e versatilidade de Ibercook Food Service:

-Frito mixto: mestura que manda en sabor e en versatilidade. Lagostino rebozado sen cola, mexillón rebozado, bocareu enfariñado e anillas á andaluza: catro razóns para convertelo nun imprescindíbel.

–Anillas á andaluza: crocante, áxil e con todo o sabor do sur. Elaborada con Illex Argentinus de primeira calidade e un enfariñado fino que se adhire moi ben na fritura.

-Espetada de lura e lagostino: combinación gañadora de lura, lagostino, pemento e cebola, pensada para sorprender sen complicarse. Funciona soa ou con guarnición.

–Gamchito panko con allo e perexil: snack irresistible, pensado para mollar en salsa ou reinar en calquera variedade de aperitivos.

–Burguer de abadexo: elaborada con abadexo de caladoiros sostíbeis certificados MSC e conxelado a bordo para preservar a súa frescura e calidade.

–Mozza stick: fingers de mozzarella cun gran contraste entre o sabor do queixo e o crocante do seu empanado.

-Empanadilla ao forno de carne: nova receita con recheo a base de pulled pork, ovo, oliva, cebola, touciño entrefebrado, pemento e tomate, recubrida por unha masa crocante.

Ademais, CONGALSA seguirá a potenciar para exportación referencias como as mini-samosas de polo ao curry e os pasteis de bacallau, reforzando a súa presenza en mercados internacionais.

“En CONGALSA queremos que os nosos clientes recoñezan que detrás de cada produto hai calidade, innovación e compromiso coa contorna, e esta campaña reflícteo perfectamente”, engade José Ramón Núñez, director comercial da compañía da Pobra do Caramiñal.

Coa súa presenza en Conxemar 2025, a empresa do Barbanza reafirma a súa posición como empresa de referencia no sector, mostrando que, tamén no ámbito profesional da hostalería e a restauración, o sabor (co)manda.

Para máis información podemos acceder á web da campaña.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.