Comeza a posta en valor do histórico edificio da Confraría de Pescadores de Rianxo

01 Outubro 2025

A antiga sede da Confraría de Pescadores de Rianxo comezou finalmente a súa renovación e posta en valor.

O proxecto vén cun orzamento de case 70.000 euros e ten entre outros os seguintes obxectivos: a mellora das infraestruturas do local histórico garantindo eficiencia enerxética e acondicionamento para formación, innovación e participación social, ao tempo que se conserva e pon en valor o patrimonio histórico da entidade. Nun plano máis específico mellorarase a eficiencia enerxética do edificio co illamento térmico, renovación de ventás, iluminación LED e reparación do tellado e canalóns; e adecuarase o inmóbel para crear unha aula polivalente para formación e participación do sector pesqueiro e marisqueiro. Tamén se mellorará a accesibilidade e a seguridade e porase en valor o patrimonio histórico da confraría, creando un espazo expositivo permanente con documentos históricos e a historia do edificio.

Trátase dun proxecto impulsado a través do GALP Ría de Arousa e promovido pola Confraría de Rianxo.

Desenvolverase en dúas anualidades, con previsión de rematar o ano que vén.

Foto compartida por Óscar Rial Lago, voceiro do PSdG en Rianxo

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...