Dous homes feridos graves nun espectacular accidente en Santiago

28 Setembro 2025

O vehículo foise da vía na circunvalación SC-20 e saíu despedido uns 200 metros despois do choque

TVG

Dous homes resultaron feridos graves nun accidente de tráfico rexistrado pasadas as seis da tarde deste domingo na rotonda da circunvalación SC-20, en Santiago de Compostela.

Por causas que aínda se investigan, o vehículo no que viaxaban saíuse da vía, impactou contra un dos piares da ponte de San Lázaro e acabou desprazándose uns 200 metros.

Os bombeiros tiveron que excarcerar os dous ocupantes, de arredor de trinta anos, que foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario en estado grave.

Ao lugar acudiron efectivos do 061, dos Bombeiros de Santiago e axentes da Policía Local para atender a emerxencia e garantir a seguridade viaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.