O PP de Ribeira pide unha intervención urxente no Centro Social de Oleiros polo seu deterioro

26 Setembro 2025

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribeira presentará no pleno do vindeiro 29 de setembro de 2025 unha proposición sobre o mantemento do Centro Social de Oleiros.

Na iniciativa, os populares lembran que a Casa de Cultura de Oleiros é unha infraestrutura cultural de gran valor arquitectónico e simbólico, proxectada polo arquitecto Carlos Seoane e recoñecida a nivel nacional polo seu deseño e integración na contorna. O edificio, explican, constitúe unha aposta pola cultura e un exemplo de arquitectura contemporánea no ámbito rural.

Con todo, denuncian que desde hai tempo o inmoble presenta un deterioro progresivo pola falta de mantemento e deixadez institucional. Entre as deficiencias máis evidentes citan portas e xanelas danadas sen peche axeitado, o que facilita o vandalismo, filtracións, humidades e danos visibles en distintas zonas, así como a ausencia de mantemento básico no interior e nos espazos exteriores.

Segundo os populares, as reparacións foron solicitadas reiteradamente polos usuarios, incluída a comisión de festas da parroquia, sen resposta nin execución por parte do Concello. “Esta falta de resposta institucional, a pesar das advertencias veciñais, demostra un preocupante desinterese pola conservación do patrimonio público e cultural”, afirman.

Por todo isto, o grupo municipal solicita:

  1. Actuar de inmediato cunha intervención urxente para reparar os danos estruturais máis críticos.
  2. Explicar publicamente por que non se atenderon as reclamacións das asociacións e poñer en valor o edificio, facilitando a súa dinamización con actividade propia e atendendo as demandas das entidades interesadas no seu uso.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.