O Pleno de Rois aproba o regulamento do Punto de Atención á Infancia e a ordenanza do comedor

26 Setembro 2025

O Pleno da Corporación de Rois aprobou este venres o regulamento de réxime interno do Punto de Atención á Infancia (PAI) situado en Urdilde, con capacidade para 20 nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos, así como a ordenanza reguladora do prezo público do seu comedor. Ambos puntos saíron adiante cos votos a favor do PP e a abstención de PSdeG e BNG. A sesión comezou cun minuto de silencio polos crimes en Gaza e noutros conflitos armados, a proposta do alcalde Ramón Tojo.

O Concello mantén en proceso de licitación a xestión do PAI, que comezará a funcionar este mesmo ano. Para a primeira matrícula terán preferencia os nenos e nenas empadroados en Rois xunto cos seus pais ou nais, manténdose a prioridade durante todo o tempo de uso da praza. As familias non empadroadas quedan en grao 3 de prioridade, e o PAI contará ademais cunha praza de emerxencia social, ocupable por recomendación dos Servizos Sociais municipais.

O PAI funcionará de setembro a xullo, de 8.00 a 15.30 horas de luns a venres, salvo festivos, e contará con servizo de comedor, permanecendo pechado en agosto. Estará atendido por tres profesionais: dúas de atención educativa e unha persoa de apoio. O regulamento aprobado recolle as funcións do persoal, as normas de matrícula e admisión, así como as normas de alimentación e convivencia e os dereitos e obrigas das familias.

Durante o debate, os grupos da oposición consideraron que o PAI non debería pechar en agosto. O alcalde respondeu que se mantén o mesmo criterio de funcionamento que na escola infantil, que tamén pecha ese mes.

En canto ao prezo do comedor, a Corporación aprobou a ordenanza que regula o servizo conforme ao Decreto 49/2012 da Xunta, que fixa para o curso 2025-2026 tarifas entre a gratuidade e os 74,05 euros mensuais segundo a renda familiar, e 4,23 euros por día solto. O Concello establece bonificacións do 20 % para familias numerosas e monoparentais e para a segunda e sucesivas crianzas dunha mesma familia, así como exencións para rendas iguais ou inferiores aos 7.500 euros anuais a partir do segundo fillo e para familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda.

Ambos puntos foron aprobados cos votos do PP e a abstención de PSdeG e BNG.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...