A Xunta pecha seis meses os bancos marisqueiros de libre marisqueo da ría de Arousa para favorecer a súa recuperación

25 Setembro 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro cos representantes do sector para analizar os resultados das mostraxes realizadas polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA) nos bancos de libre marisqueo de Lombos do Ulla, Cabío e Bohído, na ría de Arousa.

Na reunión, enmarcada no modelo de cogobernanza co que a Xunta aborda a xestión pesqueira en Galicia, participaron representantes das federacións galega e provincial de Pontevedra de confrarías, dos pósitos da ría, membros de Gardacostas e o técnico do CIMA responsable das mostraxes. O obxectivo era avaliar conxuntamente a situación destes bancos e decidir sobre o regreso á actividade extractiva.

Segundo trasladou a directora xeral, os datos dispoñibles desaconsellan o inicio inmediato do marisqueo nestas zonas produtivas. Por iso, e tras valorar medidas técnicas para avanzar na súa recuperación, o sector e a Administración consensuaron pechar estes bancos durante seis meses, co fin de consolidar a súa recuperación e favorecer o crecemento das poboacións de bivalvo de cara ao vindeiro ano.

A prohibición materializarase mediante unha veda no último trimestre deste ano e unha parada biolóxica nos primeiros tres meses de 2026. As persoas mariscadoras afectadas recibirán compensacións económicas, un compromiso que, segundo Suárez, a Xunta tramitará “coa maior axilidade posible” para que as axudas estean dispoñibles canto antes.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.