Ribeira inviste 120.000€ en adecuar o Polígono de Xarás cunha nova rede de pluviais e pavimentación

25 Setembro 2025

O Concello de Ribeira informa de que esta semana comezaron os traballos para realizar a instalación da rede de pluviais e máis o paviamentado no estacionamento público que hai diante do Matadoiro e do Punto Limpo, no Polígono Industrial de Xarás.

Fontes do Goberno local engadiron que “o acceso e aparcadoiro ao Punto Limpo e ao Matadoiro Municipal, tiña un firme de aglomerado asfáltico en moi mal estado, debido sobre todo a que, ao non dispor de rede de recollida de pluviais, as augas superficiais víñanse acumulando en zonas puntuais, provocando danos e disgregacións no firme”.

Para solucionalo o Concello de Ribeira vai investir preto de 120.000 euros na instalación dunha liña de pluviais formada por colectores de PVC e posteriormente pavimentar toda a explanada cunha nova superficie.

Segundo informa o alcalde, Luís Pérez Barral, o obxectivo fundamental que se persegue con este proxecto é o de mellorar o firme actual desta zona do Polígono Industrial de Xarás, que usan acotío

centos de persoas para estacionar os vehículos para ir ao traballo.

Para conseguir este obxectivo demoleranse os pavimentos por onde discorrerá a nova rede de pluviais con tubaxes de PVC, arquetas sumidoiro e pozos de rexistro con conexión á rede. O proxecto tamén contempla a construción dunha cuneta revestida de formigón no pé do noiro existente, o saneo da zona máis deteriorada da chaira, aplicarase saburra nas fochancas, a extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente (6 cm de espesor) en toda a superficie e finalmente pintura viaria.

A obra foi adxudicada á empresa Canarga, S.L. por un valor total de 118.000 euros IVE incluído e conta con fondos de Habilitación e Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...