O CEIP O Grupo de Ribeira súmase á folga xeral do profesorado en Galicia este xoves 25 de setembro

24 Setembro 2025

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira informou de que este xoves 25 de setembro moito do profesorado do centro apoiará a folga xeral convocada en toda Galicia. A asociación anima ás familias a solidarizarse coas reivindicacións do profesorado non levando aos nenos e nenas ao colexio, agás en casos imprescindibles por motivos de conciliación.

Desde a ANPA subliñan que os servizos mínimos están garantidos e que o comedor funcionará con normalidade, aínda que piden ás familias que avisen previamente se non van enviar aos seus fillos e fillas para evitar preparar menús de máis.

Segundo indican, as mestras e mestres do centro “perden o día de salario por defender os dereitos dos nosos fillos e fillas”, polo que reclaman o apoio das familias á protesta.

A folga enmárcase na convocatoria xeral do profesorado en Galicia, á que tamén se suma o CEIP O Grupo de Ribeira co lema “Xunta, escoita, O Grupo está en loita”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.