Falece un home de 78 anos tras ser atropelado mentres circulaba en bicicleta en Santiago

23 Setembro 2025

Un home de 78 anos perdeu a vida este martes tras verse implicado nun accidente de tráfico mentres circulaba en bicicleta pola avenida Mestra Victoria Míguez, nas inmediacións do Campus Sur universitario de Santiago de Compostela.

TVG

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 12:15 horas, momento no que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 deu aviso da gravidade das lesións sufridas polo ciclista. A pesar da rápida intervención dos servizos de emerxencias, non foi posible salvarlle a vida.

Tras coñecer o suceso, a central de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local e a efectivos de Protección Civil, que se desprazaron ata o lugar do accidente.

Fontes municipais sinalaron que, polo momento, se descoñecen as circunstancias exactas da colisión entre o ciclista e o vehículo implicado. O home falecido circulaba acompañado por outro ciclista, que resultou ileso.

A Policía Local abriu unha investigación para esclarecer os feitos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.