Unha familia retornada dende Arxentina exemplifica en Padrón o éxito das axudas ao retorno da Xunta

23 Setembro 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un emotivo encontro en Padrón con Lorena Evangelina García Zaragoza, unha das beneficiarias das axudas extraordinarias ao retorno da Xunta de Galicia. Lorena regresou recentemente desde A Arxentina acompañada do seu marido, dous fillos, un sobriño e o seu pai, coa intención de reintegrarse plenamente na sociedade galega.

Durante o acto, Miranda destacou que esta familia representa “o efecto tractor” destas axudas, que favorecen o retorno conxunto de varias xeracións e a súa integración plena no país. Subliñou tamén que estas axudas non son só unha cifra orzamentaria, senón “a chave para iniciar unha nova vida con seguridade e dignidade” en Galicia.

As axudas permiten cubrir os primeiros gastos de instalación, axudan nos trámites administrativos iniciais e serven como base para lograr unha estabilidade laboral e vital. Segundo explicou Miranda, na convocatoria de 2025 xa se recibiron 1.166 solicitudes de retornados procedentes de países como Cuba, O Reino Unido, A Arxentina, Suíza, O Brasil, Estados Unidos ou Venezuela.

O prazo para solicitar estas axudas extraordinarias permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Por iso, Miranda animou ás familias galegas do exterior interesadas a tramitar a súa solicitude canto antes. Tamén convidou ás persoas que xa regresaron a achegarse ás oficinas de retorno para recibir información e completar os trámites necesarios.

O compromiso da Xunta, asegurou o secretario xeral, é seguir reforzando este apoio para que ningunha familia que desexe volver quede atrás.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.