Porto do Son achega unha decena de funcións a través do II Ciclo Cultural Infantil

22 Setembro 2025

Do 28 de setembro ao 30 de novembro, Porto do Son acollerá o II Ciclo Cultural Infantil Itinerante. Esta programación cultural levarase a cabo nas casas de cultura de todas as parroquias do municipio.

Así, a rapazada de Porto do Son poderá comezar este outono desfrutando dun amplo programa de espectáculos culturais e que terán entrada totalmente de balde.

Esta segunda edición do Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son contará con 10 funcións de primeira liña, no que participará boa parte do máis destacado do panorama galego do lecer infantil, con actuacións de Paco Nogueiras, Mago Teto e compañías como Talía Teatro ou Calvera Circus.

28 de setembro

A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá a obra Calavera Circus, da compañía Calavera Circus. A función dará comezo a partir das 17:00 horas.

5 de outubro

A Casa da Cultura de Portosín acollerá a obra Voa Voa, da compañía Talía Teatro. A función dará comezo a partir 18:00 h.

12 de outubro

A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a obra Contacontos musical, de Os Rizos de Lía. A función dará comezo a partir das 18:00 h.

19 de outubro

A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a obra Alquimia do Mago Teto. A función dará comezo a partir 18:00 h.

26 de outubro

A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a obra Son Animal, de Paco Nogueiras. A función dará comezo a partir 18:00 h.

2 de novembro

A Casa da Cultura de Nebra acollerá a obra A Landra Viaxeira e o Amigo Labón, de Os Jalochos. A función dará comezo a partir 18:00 h.

9 de novembro

A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a obra A Maxia dos Libros, de Nami e o Mago da Boina. A función dará comezo a partir 18:00 h.

16 de novembro

A Casa da Cultura de Baroña acollerá a obra Máis Música, de Xabi Longueirón. A función dará comezo a partir 18:00 h.

23 de novembro

A Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra Canta Música, de Pablo Díaz e Olga Kirk. A función dará comezo a partir 18:00 h.

30 de novembro

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a obra O Mundo Máxico de Pinocho, de Educateatro Producións. A función dará comezo a partir 18:00 h.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.