Noia viviu unha gran festa do ciclismo co III Trofeo Portus Apostoli – Campionato de Galicia Júnior 2025

22 Setembro 2025

Este domingo, a vila noiesa converteuse no epicentro do mellor ciclismo de formación grazas á organización de Picusa Academy, en colaboración coa Peña Ciclista Noela.

O triunfo na meta de Noia foi para o valenciano Enrique Maranchón, que dominou a proba tras unha brillante escapada.

O título autonómico quedou na casa: o santiagués Diego López coroouse campión de Galicia Júnior 2025 de fondo na estrada, acadando por fin unha camisola que se lle resistía.

O percorrido, de 114 km, tivo a súa saída en Portosín e percorreu catro voltas a un circuíto con epicentro na Alameda de Noia, antes de afrontar a esixente subida a Vilacoba.

Segundo confirmaron dende o Concello, “a emoción estivo presente ata os últimos metros, cun público entregado que converteu as rúas de Noia nun auténtico escenario deportivo”.

A entrega de premios celebrouse diante da Casa do Concello, coa presenza do alcalde Francisco Pérez, a concelleira de Deportes Sandra González e representantes do Concello de Porto do Son, da Federación Galega de Ciclismo, dos clubs organizadores e das empresas colaboradoras.

Dende o Concello de Noia agradeceron ao apoio e implicación de todas e todos as/os participantes, clubs, voluntariado e veciñanza polo “seu apoio para facer deste campionato unha xornada inesquecíbel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.