Domingo 21, unha xornada de frío, chuvascos e treboadas

20 Setembro 2025

Un centro de baixas presións situado no Cantábrico deixará o domingo, San Mateo, en Galicia un escenario marcado pola chegada de aire moi frío e pola inestabilidade atmosférica.

Agárdanse ceos parcialmente cubertos e chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte, onde poderán vir acompañados de treboadas e sarabia, especialmente no terzo norte. As temperaturas experimentarán un moderado descenso e o vento soprará con intensidade moderada, de compoñente norte. (20 graos máxima).

Na comarca o domingo teremos ceos con nubosidade variable, intervalos de nubes e claros. Algúns chuviscos débiles serán posibles en Santiago esperanse ceos con nubosidade variable, intervalos de nubes e claros. Algúns chuvascos débile, especialmente pola mañá. Temperatura máxima 18 graos).

meteogalicia

Luns alternancia de nubes e claros en xeral e sen cambios na temperatura.

Prognóstico: non se esperan cambios nos próximos quince días con sol e temperaturas habituais da época.

meteoblue

O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.