O Nazareno encara a súa recta final cun domingo cheo de música e a tradicional Procesión Votiva das Mortallas

20 Setembro 2025

Este domingo 21 de setembro será unha das xornadas máis destacadas das festas do Nazareno. A música marcará o inicio da mañá coa entrada na vila, ás 10.00 horas, da Banda de Música Escola Naval Militar de Marín, a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, a Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña e os grupos de gaitas Xiada e O Son do Pote. Media hora máis tarde, ás 10.30 horas, celebrarase a solemne e tradicional Procesión Votiva das Mortallas.

A actividade continuará ás 13.00 horas cos concertos programados no xardín, na praza da Maura e en García Martí. Xa pola tarde, ás 18.30 horas, o Grupo de Gaitas O Son do Pote animará as rúas cun pasacalles. A Banda de Música Ateneo Musical da Pobra ofrecerá un concerto no xardín ás 20.00 horas e, ás 21.00 horas, a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos actuará na praza Alcalde Segundo Durán. A orquestra Panorama será a encargada de pechar a xornada cun espectáculo musical previsto para as 23.00 horas.

Luns de clausura con música, cor e lume

O programa festivo concluirá o luns 22. A partir das 10.30 horas haberá pasacalles coa Banda de Música de Moimenta, a Banda de Gaitas Os Chaneiros e a Banda de Gaitas Xiada e O Pote. Ás 12.00 horas os máis pequenos poderán desfrutar dunha festa infantil e, xa pola tarde, ás 16.30 horas, A Covecha encherase de cor cunha festa holi.

A música retomará o protagonismo ás 19.00 horas cun concerto da Banda de Música de Moimenta, mentres que a orquestra Combo Dominicano será a encargada da actuación nocturna, a partir das 21.00 horas.

O broche final das festas do Nazareno chegará pasada a medianoite: ás 00.15 horas terá lugar un gran espectáculo de drons sincronizado con fogos artificiais, poñendo o punto e final á programación deste ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.