Uxía estará este sábado en Ribeira no marco da xira “Será por flores”

19 Setembro 2025

Este sábado 20 de setembro, Ribeira dará acollida a un concerto gratuíto da intérprete galega Uxía. Será no Auditorio Municipal, no marco do programa da Deputación da Coruña, Outono das Artes.

A artista galega achegará á veciñanza de Santa Uxía e da contorna o seu espectáculo Será por flores, co que conmemora os seus 40 anos na música.

En concreto, coa xira Será por Flores festéxanse as catro décadas de carreira dunha das cantautoras pioneiras en profesionalizarse como compositora e intérprete da nosa música tradicional, e os 30 do seu álbum Estou vivindo no ceo”

Na presentación do espectáculo, celebrado en agosto, engadiuse que “será un espectáculo único e intimista, que revisitará os piares do seu percorrido musical e continuará explorando novas formas con liberdade creativa, unha viaxe ás súas raíces galegas, ás composicións propias e ás músicas que a inspiraron para mostrar os innumerábeis camiños que percorreu”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.