Concentracións este venres nos concellos do Barbanza polo pobo palestino

19 Setembro 2025

O Concello de Rianxo comunicou a súa decisión de adherirse á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á súa participación no acto público convocado para este venres 19 de setembro, como símbolo de condena enérxica e repulsa a toda forma de antisemitismo e islamofobia, reafirmando así o seu compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións.

A Comisión Executiva da FEGAMP, reunida o pasado 16 de setembro en Santiago de Compostela, aprobou un manifesto no que se denuncia “a grave situación humanitaria que se está vivindo en Gaza”. O texto recolle datos sobre milleiros de vítimas mortais, persoas feridas e desprazadas, así como a destrución sistemática de infraestruturas civís e o bloqueo á entrada de axuda humanitaria.

Ás 19:00 horas de mañá, venres 19 de setembro, terá lugar unha concentración e lectura do manifesto na Praza de Rafael Dieste.

En Noia

O Concello de Noia tamén se suma á convocatoria da FEGAMP e fai un chamamento á cidadanía para que participe nun minuto de silencio ás 12:00 horas, este venres 20 na porta da Casa do Concello, en solidariedade co pobo palestino. “Apoiamos as reclamacións dos concellos galegos e esiximos que cese o xenocidio que o goberno israelí está a cometer contra a poboación palestina en Gaza”, sinalan dende o Concello de Noia.

En Muros

O Concello de Muros convoca este venres 19 de setembro un minuto de silencio ás 12:00 horas diante da Casa do Concello para condenar o xenocidio do pobo palestino. Muros únese desta maneira á iniciativa da FEGAMP nos concellos galegos, convocando un acto público en solidariedade co pobo palestino e condenando os ataques perpetrados contra a súa poboación.

Na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal súmase á convocatoria da FEGAMP e realizará este venres 19 de setembro unha concentración para condenar o xenocidio que sofre o pobo palestino. Será ás 12.00 diante da Casa do Concello. Gardarase un minuto de silencio en sinal de repulsa por estes feitos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.