Todo listo para a celebración da IV Xornada de Pesca de Ribeira

18 Setembro 2025

Este venres 19 de setembro celébrase a IV Xornada de Pesca de Ribeira, organizada pola OPP83. Será inaugurada a partir as 9.30 horas polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral. A apertura contará coas intervencións institucionais da xerente da OPP83, María José Casais, da directora da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria Santalla, e do director xeral de Pesca Sostible do MAPA, Ramón de la Figuera. O peche terá lugar ás 13.30 horas coas intervencións da xerente da OPP83, do alcalde de Ribeira, e da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen dará por clausurada a xornada.

A cita vén da man da Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía-OPP83 (Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia-OPP83). Terá lugar na Escola Oficial Náutico-Pesqueira da localidade.

O encontro reunirá a representantes da administración, expertos académicos e profesionais do sector para abordar os principais desafíos e oportunidades que afronta a pesca. O programa porá o foco na sustentabilidade: centrándose no análise socioeconómico do Pacto Europeo polos Océanos, que aborda de maneira integrada a reforma da Política Pesqueira Común e a descarbonización da frota.

Falarase tamén dos estudos elaborados polo IEO sobre o lirio e outras especies peláxicas, esenciais para a xestión sustentable dos recursos mariños.

A xornada dará comezo ás 9.30 horas coa participación de autoridades como o director xeral de Pesca Sostible do MAPA, a xerente da OPP83 e o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen dará por inaugurada a IV Xornada de Pesca de Ribeira.

Ao longo da mañá sucederanse relatorios, mesas redondas e espazos de debate nos que intervirán voces de referencia de ámbito europeo, español e galego.

O evento chegará ao seu fin arredor das 13.30 horas coa exposición de conclusións e coa clausura institucional a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Posteriormente ofrecerase aos asistentes una degustación de produtos pesqueiros da OPP83.

A IV Xornada de Pesca de Ribeira está integrada no PPeC 2025 da Organización de Produtores Pesqueiros de Ribeira e conta coa financiamento por parte da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.