As Festas do Nazareno volverán contar cun Espazo Violeta para atender e previr agresións machistas

17 Setembro 2025

As Festas do Nazareno da Pobra contarán cun Espazo Violeta de información, atención e acompañamento ás vítimas de agresións machistas. Esta acción, que xa se puxera en marcha durante as celebracións do Carme dos Pincheiros, está enmarcada dentro da campaña Desmárcate! das violencias machistas da Concellería de Igualdade. O servizo estará dispoñíbel durante as catro xornadas no interior da praza Alcalde Segundo Durán para cumprir un claro obxectivo: contribuír a que “a cita se desenvolva nun ambiente seguro, respectuoso e libre de agresións.

A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, incidiu na importancia de dispor deste servizo, que cualificou de esencial “para sensibilizar fronte as agresións machistas e para garantir que as Festas do Nazareno sexan seguras para todas as persoas asistentes”.

Persoal especializado

Segundo explicaron fontes do Concello, o Espazo Violeta estará atendido por unha psicóloga e unha educadora social especializadas en violencia de xénero. Estas traballadoras encargaranse de proporcionar información sobre como actuar ante unha agresión sexista e de sensibilizar ás persoas asistentes sobre a importancia de rexeitar e previr a violencia contra as mulleres. Así mesmo, axudará a calquera persoa afectada a xestionar a situación emocional e a poñer os feitos en coñecemento das autoridades, traballando en coordinación coa Policía Local e Protección Civil.

Ademais de ofrecer información e atención, o persoal fará entrega de diversos materiais divulgativos e de sensibilización como folletos (dispoñibles en galego, español e inglés), adhesivos, saquetas, mochilas, chapas, bolígrafos, pañoletas, pulseiras e sombreiros.

En canto ao horario, o Espazo Violeta funcionará do venres, 19 de setembro, ao domingo, día 21, de 21.30 a 00.30 horas. O luns, día 22, estará operativo entre as 21.00 e as 23.30 horas. O Concello colocou planos coa localización e horarios deste posto nos establecementos hostaleiros colaboradores.

A iniciativa financiarase con fondos do Pacto de Estado contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.