A Festa da Valvanera, en Nebra, vén con catro días de celebracións (a partir do sábado 20)

15 Setembro 2025

Este sábado 20 de setembro dá comezo a edición 2025 das Festas da Valvanera, na parroquia de Nebra (Porto do Son). As celebracións, que durarán até o martes 23, arrincarán a primeira hora do sábado coa saída das imaxes de cada parroquia do concello cara a Nebra e co seu encontro coa Virxe no empalme de Nebra. Ás 12.00 será a misa solemne no Campo da Festa e ás 13.00 horas haberá unha sesión vermú coa Banda de Música de Caamaño e con San da Ría. Logo será a quenda dunha gran exaltación de polbo, churrasco e carne ao caldeiro. Ás 18.00 horas está prevista unha foliada con diversos grupos do Barbanza e ao remate haberá unha foliada libre.

O domingo, día adicado á Virxe das Dores, arrincará cunha misa solemne ás 13.00 horas e proseguirá cunha sesión vermú co Trío Arena. Pola noite será a quenda da verbena co Trío Arena.

O luns. xornada dedicada a San Antón, comezará cunha misa solemne ás 12.00 horas e continuará cunha sesión vermú cantada ao remate da misa. Pola noite haberá verbena con Los Satélites.

O martes estará adicado á Nosa Señora de Valvanera. Haberá misas ás 9.00, ás 10.00, ás 11.00 e ás 20.00 horas. O oficio solemne está programado para as 12h. Ás 14h comezará unha sesión vermú co Grupo Alcázar, que repetirá pola noite, a partir das 22h, na quenda da verbena.

Organiza a Comisión de Festas e colabora o Concello de Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.