O 73 % dos polígonos mexilloeiros seguen pechados pola presenza de toxinas nas rías

14 Setembro 2025

A presenza de toxinas nas rías galegas mantense practicamente sen cambios, segundo os últimos datos facilitados polo Intecmar (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño). A semana comezará coa mesma situación coa que rematou: o 73 % dos polígonos de mexillón permanecen pechados.

“Estamos nunha situación na que hai tres cuartas partes das zonas pechadas por toxina, practicamente toda lipofílica; algo de PSP, pero a principal é lipofílica. É unha situación, nesta época do ano, bastante habitual. Se acaso, este ano foi raro que en xullo estivera case todo aberto, cando normalmente hai polígonos pechados”, explicou o subdirector do Intecmar, José Molares.

As últimas análises deixan dúas novidades: o luns pecharase unha zona de marisqueo na ría de Muros e, pola contra, abrirase outra na ría de Aldán, ata agora afectada por toxina amnésica.

No tocante aos polígonos de mexillón, só permanecen abertos os da ría de Ares-Betanzos e os das zonas máis interiores da ría de Arousa. Ademais, este venres tamén se levantou o peche cautelar na parte interna da ría de Vigo, decretado pola presenza de toxina paralizante.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.