O Concello da Pobra e os centros educativos locais loitan para non deixar a ninguén fóra da docencia online

20 Abril 2020

A Concellaría de Educación da Pobra está a xuntar forzas cos centros locais de ensino para paliar as carencias docentes derivadas do Estado de Alarma e, o que pode resultar aínda máis grave, as fendas sociais, tecnolóxicas e formativas que se abren durante a pandemia entre as familias que teñen os recursos, o coñecemento e as condicións de conectividade axeitadas para seguir adiante coa escola online no fogar, e as familias que non con contan con estes recursos e estas condicións. O traballo conxunto que vén de iniciar o a Concellería que dirixe Genoveva Hermo e os centros docentes locais aposta por universalizar as contornas dixitais nas familias, primeiro, e proseguir logo a actividade docente online, unha vez que se evite deixar a ninguén fóra das vantaxes e as posibilidades das novas ferramentas.

Segundo indican, “os equipos informáticos dos que dispoñen os centros educativos pobrenses foron postos a disposición do seu alumnado, pero resultan insuficientes para atender a toda a demanda”, polo que se fixo preciso complementar estas carencias e, tamén, a ausencia de conexión a Internet dos equipos. Con este obxectivo, grazas á colaboración da Concellería de Mocidade, que cedeu os computadores da Casa da Mocidade, conseguise achegar unha ducia de equipos en préstamos para os devanditos fogares, subministro ao que se engadiron 27 tarxetas de datos, co seu correspondente adaptador, que darán acceso a Internet a todos os alumnos e alumnas que están nesa situación.

“O noso obxectivo”, sinalan dende Educación da Pobra, “é permitir que todo o alumnado poida seguir traballando usando como recurso o ordenador e Internet”, ao tempo que se incrementan as posibilidades para o profesorado, “que buscará suplir con estas ferramentas a imposibilidade de seguir adiante coas clases presenciais”.

O Concello aproveitou para agradecer a disposición para conseguir “os mellores medios para o alumnado da Pobra do Caramiñal por parte do seu profesorado”, que se tomou a molestia de contactar con todas as familias para coñecer cal era a situación exactamente.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.