O Concello de Muros inaugura o mes de setembro con cinco obras de mellora dos servizos públicos

11 Setembro 2025
Antiga escola unitaria de Serres

Neste mes de setembro comezan novos proxectos no Concello de Muros, trátase de cinco obras que suporán un investimento de máis de 1,1 millóns de euros para mellorar os servizos e as infraestruturas públicas da vila. Será o vindeiro luns, 15 de setembro, cando comezarán os traballos de recuperación da antiga escola unitaria da parroquia de Serres para o proxecto da Aula Sostíbel dos Outeiriños. “O inmóbel acollerá un espazo de traballo colaborativo entre distintas entidades, impulsando un programa de educación e sensibilización medio ambiental e do sector pesqueiro”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

Dicir que o proxecto ten un orzamento de arredor de 375.000 euros e as obras rematarán no ano 2026. O Concello de Muros achegará 174.837, 69 euros e recibirá unha axuda do GALP de 198.878,91 euros. “A rehabilitación da antiga escola unitaria servirá para dinamizar o tecido asociativo da parroquia de Serres e as actividades da veciñanza”, engade a alcaldesa. “Outras tres obras serán para continuar co plan de mellora do saneamento no concello, levando o servizo a zonas que carecían del e renovando a rede existente”, asegura Laura Rivadeneira, concelleira de Obras.

Asemade, este mes de setembro darán comezo os traballos de saneamento na marxe dereita de Serres (170.609,14 euros); o saneamento de Ribeira do Maio (250.000 euros) e unha actuación para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real (238.300 euros).

Dende o goberno local, a alcaldesa de Muros, María Lago, fixou entre as súas principais prioridades o saneamento no concello,vital para o marisqueo en Muros.

Engadir que tamén está previsto o inicio para este mes de setembro das obras de mellora dos camiños de Somorto, en Abelleira, e Cabanas, en Tal, (73.610 euros), que servirán para potenciar a seguridade viaria e a accesibilidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.