Corrubedo é un pobo da costa galega, fundado no século XI e pertencente á provincia da Coruña, está a 145 km. da mesma e situado nas rías baixas.
Ten sete praias das cales as praias da Ladeira, Ferreira, Lagoa, O Vilar e Anguieiro están fisicamente unidas formando unha espléndida praia de 6,7 km. situada en pleno complexo dunar, a sexta praia forma parte do porto do pobo e a sétima, chamada praia de Prado, está situada no centro do pobo.
A partir de principios do século 21 comezou a construción de apartamentos turísticos, formando actualmente a maioría da zona habitable do pobo.
Feita esta breve descrición do pobo, comezo a describir o abandono do mesmo por parte do Concello de Ribeira, municipio ao que o pobo pertence.

Para o citado Concello, parece que este pobo non existise, excepto para cobrar os impostos aos seus veciños.

Os veciños reclamamos repetidas veces ao Concello e ao seu alcalde que eliminen as matogueiras que invaden a rúa As Agras, por onde se accede ao pobo. Na súa terminación están edificados varios bloques de apartamentos en cuxas beirarrúas existen matogueiras que, á parte de invadir a rúa, rozan aos coches que transitan por ela; esta rúa só ten beirarrúa ao principio da mesma, foi feita polo construtor dos bloques de apartamentos, nelas hai dúas arquetas cuxas tapas sobresaen perigosamente da beirarrúa varios centímetros, dando lugar aos tombos e caídas (eu tiven unha hai 2 meses que, por sorte, non me causo dano algún), chamei repetidamente ao Concello para denuncialo e non veu ninguén a solucionalo.

Tamén reclamamos urbanizar o acceso á praia da Ladeira que é penoso, accédese por un “camiño de cabras” cheo de chinarros e pedras, unha baixada á praia perigosa, xa que ao final da mesma ten unhas pedras grandes que produciron varias caídas que eu presenciei. Ten un terreo moi grande cheo de maleza no que se podería facer un aparcamento moi grande pero está abandonado. A parte superior da praia está acoutada porque alegan que alí aniñan especies de paxaros, preguntamos a xente do pobo e ninguén viu nunca a paxaro algún. Esta praia, no verán, énchese de bañistas (ten unha capacidade para varios miles), hai unha escola de surf onde practican moito alumnos; pois señores, NON A LIMPAN, NON HAI NIN UNHA DUCHA!!!.

Na praia do Prado, que está no centro do pobo, depositaron un camión de area á baixada que ninguén veu despois a estender e así leva varios meses, precisamente os de verán.




