A ANA do CEIP O Grupo de Ribeira concéntrase este luns para esixir un titor/a específico para cada curso

07 Setembro 2025

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira compartiu un comunicado no que reflicte o seu malestar e indignación tras ter coñecemento o pasado venres, de que este curso o dito centro educativo non vai poder contar con titor/a de Educación Primaria, achegando como solución, denuncian, “que o curso afectado, neste caso 3ºB, con 23 alumnos de 7 e 8 anos, sexa co-titorizado pola mestra doutro curso e que as clases sexan impartidas polo conxunto do profesorado do colexio (primaria, especialistas, NEAE) coas horas que teñen dispoñibles de gardas e titorías”. A ANPA critica que esta decisión da Consellería de Educación “derivaría nunha situación esperpéntica onde cada día e cada hora este grupo de alumnos tería un mestre distinto ensinándolle as diferentes materias”.

E engaden: “É fundamental na educación que exista un titor/a de referencia para cada curso, onde coñeza ao seu alumnado e poida programar en función das súas necesidades e características, así como impartir as áreas instrumentais básicas (linguas, matemáticas) e as ciencias e non que estas sexan impartidas por distintas persoas cada día e hora”.

Para o colectivo de nais e pais, a dita solución “merma claramente a calidade do ensino e suporía un grave problema no colexio, non só para o curso afectado, senón para o conxunto do alumnado pois o profesorado perdería as horas de garda que dedica a cubrir vacantes puntuais do día a día, titorías, apoios ou outras tarefas propias do ensino”.

Respecto das esixencias concretas á Consellería, reclaman ao xefe territorial de educación da Coruña e á propia Inspectora “solución inmediata a este problema así como unha reunión para tratar outros temas que afectan ao colexio”.

Como medidas de presión van organizar axiña unha concentración da comunidade educativa mañá luns, ás 11:30 h na porta do CEIP O Grupo, concentración que está previsto que se celebre durante o recreo e “á que convocamos a todas as familias, avós, pais e nais, familiares e ao conxunto da cidadanía ribeirense para apoiarnos”, sinalan, estendendo o convite ao resto das anpas do municipio e á Corporación municipal “porque entendemos que o futuro dos nosos fillos é o suficientemente importante para que todos sen distinción apoien esta reclamación”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.