O domingo 7, traerá chuvascos pola mañá e melloría progresiva pola tarde

06 Setembro 2025

Galicia vivirá este domingo 7, unha xornada de transición tras o paso da fronte durante a madrugada. Os ceos amencerán cubertos, con chuvascos que irán remitindo co avance da mañá.

A partir do mediodía abriranse grandes claros, aínda que non se descarta algún chuvasco illado e ocasional no terzo norte da comunidade.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios salientables, mentres que as máximas descenderán de maneira moderada(21-22 graos). O vento soprará frouxo de compoñente oeste, con intervalos de moderado no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.