Sanidade prepara unha nova reforma no Centro de Saúde de Porto do Son e impulsa a construción do novo equipamento

05 Setembro 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, salientou este venres 5 de setembro que “o compromiso da Xunta coa sanidade pública de Porto do Son”. Comentou que este compromiso materialízase nunha nova reforma do Centro de Saúde mentres se impulsa o novo equipamento”.

O titular da carteira sanitaria da Xunta visitou a vila do Son e asinou co rexedor municipal, Luis Oujo, un convenio de colaboración, financiado ao 50 % entre a Xunta e o Concello, para acometer unha nova reforma do Centro de Saúde, cun investimento total de 43.000 euros.

Esta nova obra é continuación da realizada no ano 2024, mediante a que se reformou a cuberta do centro, e na que se investiran preto de 12.000 euros, lembrou.

No acto, no que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, o conselleiro explicou que as melloras no centro “aplicaranse sobre a fachada traseira, que se limpará antes de proceder á súa impermeabilización co propósito de reforzar a súa protección fronte á humidade”.

Polo que atinxe á cuberta, realizarase unha limpeza e saneamento completos, o que implica o lavado da parte traseira do tellado e a reposición das tellas rotas. Na zona dianteira, levantaranse as tellas para eliminar musgo e herbas daniñas. Ademais, impermeabilizaranse as chemineas. Tamén se rematará a cubrición da entrada principal.

O conselleiro salientou que o obxectivo destas melloras é “ofrecerlles aos profesionais e usuarios da sanidade pública o espazo máis axeitado para a prestación da asistencia á cidadanía”.

Segundo sinalou, estas obras enmárcanse na liña de traballo da Xunta de reforzar a atención primaria en toda a comunidade, combinando tarefas de mantemento inmediato sobre as infraestruturas existentes e a planificación de novos proxectos.

Na súa intervención, Gómez Caamaño avanzou que a Xunta e o Concello están a traballar nun proxecto moito máis ambicioso, a construción dun novo centro de saúde en Porto do Son, infraestrutura que terá unha superficie de 1.800 m2.

“O novo centro aumentará de xeito significativo a capacidade asistencial incorporando máis consultas de medicina e de enfermería, ademais de dispoñer de novos servizos como odontoloxía ou fisioterapia e áreas específicas para pediatría e atención á muller”, explicou, ao tempo que engadiu que “xa está identificado o solar onde se emprazará o novo centro de saúde, nun lugar céntrico e accesíbel á cidadanía, e explicou que o Concello ultimou xa a unificación das parcelas necesarias para a súa construción”.

Apuntou que tan axiña “como o Concello poña os terreos á disposición da Xunta, o Executivo galego empezará a traballar de inmediato na redacción do proxecto básico e de execución para avanzar coa maior axilidade posible”. O conselleiro agarda poder iniciar este traballo xa o vindeiro ano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.