Este venres comeza a XVII edición do Festival Rock in Rian

05 Setembro 2025

O Festival Rock in Rian celebra esta fin de semana (dende este venres 5 de setembro) no parque da Galicia de Rianxo a súa XVII edición. A Asociación Cultural Festival Rock in Rian organiza esta cita que inclúe no seu cartel bandas tan destacadas como Boikot e os portugueses Kumpaia Algazarra.

Na axenda tamén salientan as actuacións de Dakidarría ou Rebeliom do Inframundo. A Banda da Loba, Lisdexia, High Paw, Nadie González, Collón de Lola estarán tamén no parque da Galiza de Rianxo os días 5 e 6 de setembro, xunto con DJ Rapante, La Duendeneta e Maruxa e Coralia.

O festival contará tamén coa actuación de The Twinpims, unha banda de rock procedente de Vigo, gañadores do IV Concurso de Bandas Emerxentes organizado pola asociación co obxectivo de que bandas noveis compartan palco con outras xa consolidadas. Como noutras ocasións, completan o cartaz os grupos locais Buxaina, Fogo Fatuo, Vai de Roda e Rio de Anxo.

O Festival Rock in Rian sae tamén á rúa con actuacións polas rúas do pobo tanto o venres como o sábado. Haberá pasabares, espectáculos de rúa, clasificatoria da Liga CeibaRimas 2025… Ademais, contará cunha zona de acampada gratuíta, un espazo gastronómico e unha feira de artesanía.

As entradas están á venda en www.festivalrockinrian.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.