O Concello de Padrón outorga os premios da quedada fotográfica con FotoWalk Galicia

03 Setembro 2025

O Concello de Padrón deu a coñecer os gañadores da primeira edición da quedada fotográfica organizada en colaboración coa comunidade de creadores FotoWalk Galicia, celebrada o pasado 14 de xuño e na que participaron arredor de sesenta persoas.

Nesta ocasión, o certame propuxo catro bloques temáticos ligados á oferta turística local: Padrón Xacobeo, Padrón Literario, Padrón Gastronómico e Padrón Natural. Entre as imaxes recibidas, o persoal municipal e a organización de FotoWalk Galicia escolleron unha gañadora en cada modalidade.

A foto de Alain Miñones

Na categoría de Padrón Xacobeo resultou premiada Beatriz Maroño Álvarez, de Ferrol, mentres que o galardón de Padrón Literario recaeu en José Luis Domínguez Corral, de Cambre. Pola súa banda, Ana Vázquez, da Coruña, foi a gañadora na modalidade de Padrón Gastronómico, e Alain Miñones Mallo obtivo o premio en Padrón Natural.

A imaxe de Ana Vázquez

Os galardóns inclúen un lote de libros de Camilo José Cela, doados pola Fundación do escritor en Iria Flavia; un bono para dúas persoas para gozar dunha ruta en paddel surf, cortesía da empresa Paddel Surf Ilinx Sup; e dous lotes de produtos gastronómicos locais.

A contribución de Beatriz Maroño

Desde o Concello de Padrón destacan a boa acollida desta primeira quedada, que combinou faladoiros fotográficos e visitas guiadas polos principais recursos turísticos da vila. A concellaría de Turismo xa avanza a súa intención de darlle continuidade a esta colaboración con FotoWalk Galicia e confía en manter o interese e a elevada participación rexistrada nesta edición inaugural.

A foto de José Luis Domínguez Corral

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.