O concurso para planificar a fachada marítima da Pobra do Caramiñal achégase ao final do prazo

03 Setembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal mantén aberta a convocatoria do concurso para planificar a fachada marítima da vila ata o 23 de setembro, coa coordinación técnica da Fundación RIA, o apoio administrativo do COAG e o financiamento da Fundación Marta Ortega Pérez (MOP).

Reorganizar o espazo público, a mobilidade e o mercado semanal é o obxectivo central desta convocatoria, dotada con 33.000 € en premios e a adxudicación do plan director, valorado en 50.000 €.

Trala demanda expresada pola comunidade arquitectónica, o prazo inicial de presentación de propostas ampliouse a inicios do verán e permanecerá aberto ata o 23 de setembro ás 13.00 h (hora peninsular). Esta decisión do Concello da Pobra do Caramiñal responde á vontade de “favorecer a máxima participación e garantir que os equipos dispoñan do tempo necesario para desenvolver propostas de calidade, á altura do desafío urbano que se formula”.

Poñendo o foco na calidade do espazo público, a reorganización do mercado semanal e a ordenación da mobilidade, o ámbito de actuación deste concurso inclúe a zona portuaria, equipamentos públicos, espazos verdes e tramos da estrada AC-305.

O xurado estará integrado polos arquitectos Alfonso Salgado (Salgado e Liñares), Elizabeth Abalo (Abalo Alonso Arquitectos) e Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), así como por representantes do Concello da Pobra do Caramiñal e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.

A convocatoria desenvólvese nunha única fase e baixo anonimato. Concederanse tres premios de 20.000 €, 8.000 € e 5.000 €, e a proposta gañadora asumirá a redacción do plan director mediante un contrato valorado en 50.000 €.

A convocatoria oficial do concurso está dispoñíbel na Plataforma de Contratación del Sector Público.

O concurso parte dunha diagnose realizada pola Fundación RIA en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), que puxo de manifesto as dificultades actuais derivadas do trazado da AC-305 e da localización do mercado semanal, así como o potencial dunha reconfiguración integral do ámbito. A reestruturación do tráfico, a redistribución dos postos do mercado e a mellora dos espazos libres serán eixes centrais das propostas, sinalan as entidades impulsoras do proxecto, engadindo que a proposta gañadora recibirá o encargo do plan director e marcará a folla de ruta para futuras intervencións urbanas na Pobra do Caramiñal. A convocatoria permitirá tamén distinguir outras ideas destacadas mediante premios e mencións. O anuncio oficial do concurso publicarase nas próximas semanas a través das canles habituais do Concello e das entidades colaboradoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.