O festival Rock in Rian aposta pola musica galega en directo na súa 17 edición

02 Setembro 2025

O Festival Rock in Rian celebra os días 5 e 6 de setembro no Parque da Galiza de Rianxo a súa XVII edición, organizado pola Asociación Cultural Festival Rock in Rian. Na presentación, celebrada este luns 1 de setembro, participou o presidente da Asociación, José Manuel Rodríguez, a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Soledad Agra, o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, representantes de Turismo de Galicia e das principais empresas patrocinadoras, Estella Galicia, CONGALSA, Orgullo Galego e Rei Zentolo.

“As actividades ligadas ao festival saen tamén do propio recinto e durante toda a semana haberá actuacións e actividades para público familiar en distintas localizacións do municipio”, recoñeceron dende a organización. O martes 2 de setembro haberá unha actuación do Mago Noel ás 19.00 horas na praza de Padrón; o mércores 3 de setembro ás 19.00 horas xornada de xogos populares no Campo de Arriba e o xoves 4 de setembro ás 19.00 horas na praza de Rafael Dieste.

O festival comeza o venres 5 de setembro a partir das 18.00 horas co pasabares polas rúas de Rianxo cos grupos locais Rio de Anxo, Vai de Roda, Buxaina e Fogo Fatuo. Ás 19.30 horas será a apertura de portas do recinto do Parque de Galiza e ás 20.00 horas comezan os concertos con The Twinpins, Adala, Boikot, Dakidarria, Lisdexia e tamén La Duendeneta.

O programa do sábado contará cos concertos de Collón de Lola e Festicultores ás 12.30 horas e a partir das 16.30 horas Ceibarimas no escenario Yzaguirre situado no Parque da Martela e ás 18.30 horas Festicultores polas rúas do centro de Rianxo. Xa no propio recinto do festival, a partir das 20.00 horas concerto de High Paw, A Banda da Loba, Kumpania Algazarra, Rebeliom do Infrqamundo, Nadie González e tamén actuacións de Maruxa e Coralia e DJ Rapante.

“O Rock in Rian é moito máis que un festival, é unha aposta pola cultura e a música en directo en Rianxo pois conta con actividades fora do propio recinto e abertas ao público xeral”, afirmaron dende a organización. Ademais haberá zona de acampada gratuíta e dentro do recinto do festival zona gastronómica e feira de artesanía.

As entradas están xa á venda en www.festivalrockinrian.gal, tanto abono dous días como entradas por días. O merchan oficial do festival 2025 está dispoñible nas mesas da Asociación que se instalan en Rianxo en datas sinaladas.

PROGRAMA:

Venres 5 de setembro

18.00 horas – pasabares polas rúas do centro de Rianxo

19.30 horas – apertura de portas no Parque da Galiza

20.00 horas – The Twinpins

21.15 horas – Adala

23.00 horas – Boikot

01.00 horas – Dakidarria

03.00 horas – Lisdexia

Sábado 6 de setembro

12.30 horas – Collón de Lola e Festicultores no escenario Yzaguirre

16.30 horas – Ceibarimas

18.30 horas – Festicultores polas rúas do Centro de Rianxo

19.30 horas – apertura de portas no Parque da Galiza

20.00 horas – High Paw

21.35 horas – A banda da loba

23.20 horas – Kumpania Algazarra

01.10 horas – Rebeliom do Inframundo

03.00 horas – Nadie González

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.