Martes 2, xornada de inestabilidade con chuvias intermitentes e lixeiro ascenso das temperaturas

01 Setembro 2025

As baixas presións atlánticas seguirán influíndo este martes mantendo a inestabilidade atmosférica como protagonista.

Pola mañá, os ceos estarán moi nubrados en practicamente todo o territorio, con chuvias intermitentes que serán menos probables nas provincias de Ourense e no sur de Lugo. A previsión apunta a que as precipitacións irán remitindo progresivamente na segunda metade da xornada, deixando momentos de tregua e claros ocasionais.

En canto ás temperaturas, agárdase un lixeiro ascenso respecto ás rexistradas nos últimos días. Os ventos soprarán do suroeste, con intensidade moderada e intervalos fortes no litoral norte.

Na área das Rías Baixas e Santiago, a mañá presentarase con ceos cubertos e precipitacións intermitentes, que tenderán a desaparecer pola tarde, favorecendo unha mellora xeral do tempo.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.