O proxecto BATEAS achega na Rede información de utilidade e en tempo real para o cultivo do mexillón

01 Setembro 2025

A Consellería do Mar compartiu este luns información sobre a iniciativa BATEAS, dirixida a mellorar a base de coñecemento sobre a evolución do cultivo de mexillón nas rías galegas. O proxecto ten como obxectivo principal “comprender mellor as condicións ambientais que inflúen na produtividade das bateas, achegando respostas aos desafíos detectados polo sector nos últimos anos; así como establecer unha canle de comunicación entre bateeiros e administración”. Está liderado pola Consellería do Mar e co-financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (FEMPA). Compleméntase con outras iniciativas en marcha, como o proxecto APROMEX, liderado polo Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), centrado na avaliación da dispoñibilidade de mexilla, e Capacitamex, orientado á transferencia de coñecemento mediante obradoiros cos produtores, nos que tamén participa activamente o CETMAR.

Entre os logros alcanzados pola iniciativa BATEAS destaca a implantación dun sistema de recollida sistemática de información ambiental a través dunha batea na ría de Arousa equipada con sensores, que funciona como “batea sentinela”. O desenvolvemento tecnolóxico e técnico realízase desde o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR en colaboración cos propietarios da batea, que participan no deseño da solución. Nela instaláronse equipos de monitoraxe que permiten realizar un seguimento en tempo real de parámetros como a temperatura e a salinidade da auga a distintas profundidades, así como datos meteorolóxicos e a variación de peso das cordas de mexillón. Esta información compleméntase con outros datos que se recuperan periodicamente durante as visitas de mantemento, como datos de turbidez ou fluorescencia.

A monitoraxe continua desta infraestrutura permite realizar un seguimento detallado da evolución das condicións ambientais en paralelo ao crecemento do mexillón nas cordas. Estes datos poden consultarse de forma inmediata a través do portal web de recursos do proxecto APROMEX.

Outro dos piares do traballo é a creación dunha canle de comunicación bidireccional que facilite o intercambio de información entre o sector mexilloeiro e a administración. A través da rede de contactos xerada polos obradoiros Capacitamex, CETMAR mantén un diálogo constante co sector, recollendo información de primeira man sobre o estado dos cultivos e transmitindo á administración as necesidades e prioridades dos produtores. Deste xeito, a Consellería do Mar promove unha xestión máis áxil, eficiente e baseada en datos obxectivos, contribuíndo á sustentabilidade do sector mexilloeiro e á consolidación de Galicia como referente na produción de mexillón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.