A Garda Civil e a Policía Local de Boiro intensificarán o control para garantir que se cumpra o confinamento

17 Abril 2020

A Policía Local de Boiro vén de facer reconto das accións realizadas para garantir o confinamento e as distintas disposicións do Decreto de Alarma no termo municipal. Dende o inicio desta declaración e en colaboración coa Garda Civil de Boiro, os axentes interpuxeron un total de 60 sancións, algunhas delas a persoas reincidentes, por incumprir as directrices pautadas para protexer á cidadanía da pandemia. Estes e outros datos foron achegados este venres 16 de abril polos axentes e os corpos de seguridade, que mantiveron unha xuntanza co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, con vistas a “intensificar os controis e medidas de seguridade”, controis conxuntos que porán o foco no núcleo urbano e durante as mañás, “as horas nas que se detecta unha maior afluencia de xente nas rúas”.

Os axentes tamén confirmaron que van colaborar co departamento de Servizos Sociais para axudar no seguimento de persoas maiores que viven soas. Tamén lembraron que o persoal de Servizos Sociais comezou esta semana a facer chamadas de seguimento e asistencia de maiores, un traballo que foi intenso e completo pero que aínda non puido ser todo o amplo que sería de desexar por haber “persoas ilocalizábeis ao non figurar o seu teléfono de contacto”. Os axentes axudarán nesta tarefa asistindo aos domicilios desas persoas e corroborar que están ben e se precisan ou non de asistencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.